O Concello de Vilalba cambiará de ubicación varios postos da feira por seguridade

TerraChaXa
O Concello tamén acometará no mes de outubro un cambio nos postos da feira mensual.
8 Xul 2018

O Concello tamén acometará no mes de outubro un cambio nos postos da feira mensual. A modificación consistirá no traslado dos postos dunha marxe da rúa Calvario á praza da Constitución.

Esta medida tómase, segundo explica o alcalde, Agustín Baamonde, porque na parte estreita da vía prodúcese unha aglomeración de postos que supón un problema de seguridade en acaso de incidencias xa que a zona podería ser converter nunha ratoneira. O que farán polo tanto será trasladar os postos dunha das marxes para a praza da Constitución.

Este cambio realizarase no mes de outubro para dar tempo a comunicar aos feriantes esta medida e ademais deixar pasar o San Ramón, en agosto, porque está ocupada a praza.

PISTA DE FÚTBOL. O Concello inaugurará a fin de semana do 7 e 8 de xullo, ao lado do parque acuático, nunha pista de cemento que había ao lado dos columpios, unha pista de 3x3 para xugar ao fútbol os cativos. Como explica Baamonde, "tivo unha aceptación tan grande que antes de acabalo xa o tíñamos cheo de cativos".

0.053313016891479