O Concello de Vilalba celebra o 102 aniversario do veciño Eduardo Orosa

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, visitou ao veciño Eduardo Orosa con motivo do seu 102 aniversario. A rexedora aproveitou a ocasión para compartir con el e coa súa familia unha conversa entrañable, na que lembrou a importancia de recoñecer e acompañar ás persoas máis maiores do municipio.
Durante a visita, a alcaldesa trasladou a Eduardo as felicitacións de todo o Concello, destacando o valor da súa longa traxectoria vital e o orgullo que supón para Vilalba contar cun novo veciño centenario. A xornada desenvolveuse nun ambiente próximo e afectuoso, no que non faltaron os parabéns e os bos desexos.