O Concello de Vilalba celebra os 101 anos de Julia Otero, veciña de San Juan de Alba

O Concello de Vilalba conmemorou unha data moi especial: os 101 anos de Julia Otero, veciña da parroquia de San Juan de Alba.
A alcaldesa, Marta Rouco, acompañada dos concelleiros Luis Fernández e Paula Vigo, desprazouse ata o domicilio de Julia para felicitala persoalmente. Durante a visita, fixéronlle entrega dun ramo de flores como agasallo e compartiron con ela e coa súa familia unha entrañable conversa chea de lembranzas e afecto.
Desde o Concello quixeron destacar a importancia de recoñecer e celebrar a vida das persoas maiores do municipio, "verdadeiros alicerces da comunidade".