O Concello de Vilalba celebrará mañá unha nova edición da carreira escolar das Letras Galegas

TerraChaXa
O Concello de Vilalba celebrará mañá, a partir das 11 horas, unha nova edición da carreira popular escolar das Letras Galegas, que chega este ano a súa X edición e na que participarán 543 corredores de 5 a 12 anos de idade.
Captura de pantalla 2019 04 23 a las 13.20.51
14 Maio 2019

O Concello de Vilalba celebrará mañá, a partir das 11 horas, unha nova edición da carreira popular escolar das Letras Galegas, que chega este ano a súa X edición e na que participarán 543 corredores de 5 a 12 anos de idade.

A esta actividade, que ten máis un espírito reivindicativo e deportivo que competitivo poden concorrer todos os centros educativos acompañados polo docente de Educación Física.

A organización estableceu un total de dúas categorías mixtas, para maiores de cinco e para maiores de 6 anos, e varias masculinas e femininas, maiores de 7 anos, maiores de 10 e maiores de 13 anos.

As distancias a percorrer tamén serán diferentes en función da idade, con 420 metros para os máis pequenos, 775 para os maiores de 7 anos, 859 metros para os de máis de 19 e 1.650 metros para os que teñan máis de 13 nos.

A saída e a meta estará na praza da Constitución e percorrido variará en función da distancia. Haberá medallas para todos os participantes e trofeo para os tres primeiros nas categorías de máis de sete anos. Durante a proba entrarase auga a todos os corredores.

 

0.14554595947266