O Concello de Vilalba, a través da súa Concellería de Cultura, convocou o primeiro concurso de fotografía destinado a representar, a través desta modalidade artística, o significado do Nadal: familia, amizade, fogar, soidade, compaña, agasallos, símbolos, paisaxes, pobo, pertenza, lugares...
Poderán participar neste concurso todas as persoas que teñan cumprida a maioría de idade enviando os seus traballos en formato dixital comunicacion@vilalba.es. Deberán adxuntar neste mesmo correo electrónico dous arquivos:
- A fotografía; o nome do arquivo será o título da mesma
- Documento cos datos persoais (nome, idade, DNI, teléfono, enderezo, e-mail); o nome do arquivo será “Plica + título da foto”. Breve explicación do traballo.
As persoas participantes poderán concorrer ao concurso cun máximo de 2 fotografías. Neste caso, deberán facer envío de 2 correos electrónicos, cada un cos dous arquivos correspondentes.
O prazo de entrega das fotografías rematará o 2 de xaneiro ás 23:59 horas e o día 8 daranse a coñecer os gañadores.
Para este primeiro concurso estableceuse unha única categoría cun primeiro premio de 200 euros e un segundo de 150. Ademais, haberá un premio especial por votación popular. O día 1 de xaneiro, data posterior ao límite de prazo de entrega, publicaranse as fotografías participantes na rede social Facebook. Aquela fotografía con máis “gústame” farase con este premio de cen euros.