O Concello de Vilalba convoca unha xuntanza cos veciños do casco histórico
TerraChaXa
O Vicealcalde e responsable de urbanismo e mobilidade Modesto Renda convoca unha reunión cos veciños, comerciantes e hostaleiros do Centro Histórico.
16 Ago 2023
O Vicealcalde e responsable de urbanismo e mobilidade Modesto Renda convoca unha reunión cos veciños, comerciantes e hostaleiros do Centro Histórico.
A reunión terá lugar o vindeiro venres 18 de agosto ás 15.45 na Casa da Cultura de Vilalba.
O obxectivo deste encontro é explicar e contrastar cos veciños, comerciantes e hostaleiros o Plan de Posta en Valor da Praza de Santa María no que se está a traballar dende estas áreas de goberno.
Así como recoller as súas suxerencias.