O Concello de Vilalba dará axudas de ata 900 euros ás familias

TerraChaXa
O Concello de Vilalba dará axudas de ata 900 euros ás familias do municipio que precisen contratar servizos específicos para a conciliación da vida laboral e persoal por carecer de apoios no seu entorno.
manos 470x353
7 sep 2020

O Concello de Vilalba dará axudas de ata 900 euros ás familias do municipio que precisen contratar servizos específicos para a conciliación da vida laboral e persoal por carecer de apoios no seu entorno.

As axudas dan resposta ao obxectivo das áreas de Educación, Igualdade e Políticas Sociais do Concello de Vilalba de artellar políticas apropiadas para dar cobertura ás necesidades das familias con menores a seu cargo (de 3 a 12 anos, ou ata 16 cando os menores teñan recoñecida una discapacidade igual ou superior ao 33%). O grupo de goberno enviará ás formacións con representación no pleno as bases da convocatoria para posibles aportacións.

O Concello de Vilalba é consciente da dificultade de moitas familias para conciliar a súa vida familiar e laboral, sobre todo na crise sanitaria actual, e ten en conta que a día de hoxe non é factible implementar un servizo de conciliación público nos centros educativos que cumpra os protocolos xerais dos centros. As axudas só se poderán recibir polos servizos contratados fóra do horario dos centros escolares durante o curso escolar.

As axudas poderán destinarse á contratación de persoas ou servizos (coidador, ludoteca, servizo de autobús) para atender aos seus fillos e fillas menores fóra do horario escolar mentres os seus proxenitores se atopan traballando.

As familias que opten pola contratación dun cuidador, xa sexa directamente ou a través dunha empresa de servizos, poderán pedir unha única axuda aínda que a persoa coide a varios menores. Se a familia opta por contratar centros de ocio ou utiliza a axuda para transporte escolar, poderá solicitar unha por cada menor beneficiario.

Estas axudas serán compatibles con outras axudas públicas ou privadas para a mesma finalidade, sempre que sumada ao importe deste axuda non se supere o 100% do gasto realizado. Será condición indispensable que a unidade de convivencia careza de rede natural de apoio, considerándose ésta a exercida pola nai ou pai, e será requisito indispensable estar empadroado e ser fillo ou filla de pais empadroados no termo municipal de Vilalba.

0.14743995666504