O Concello de Vilalba denuncia o roubo do cable do alumeado no Alto da Forca

TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa do roubo de cable do alumeado público nas inmediacións do Alto da Forca, no polígono Sete Pontes.
cable alumeado
12 Xuño 2023

O Concello de Vilalba informa do roubo de cable do alumeado público nas inmediacións do Alto da Forca, un dos viais que conducen ao polígono industrial das Sete Pontes.

“Non é a primeira vez que acontece, circustancia polo que se chegou a soldar as arquetas para evitalo, pero non foi impedimento para que volvera acontecer o roubo”, apunta Eduardo Vidal, concelleiro de Servizos en funcións de Vilalba.

A estimación do custo inicial sobrepasa os 3.000 euros e o Concello de Vilalba xa ten iniciado o procedemento de denuncia oportuno diante do cuartel da Garda Civil, ademais de informar á Policía Local.

O concello lamenta este tipo de comportamentos, pouco cívicos e que danan os servizos públicos de Vilalba.

0.20620179176331