O Concello de Vilalba destaca o traballo realizado no centro ocupacional
TerraChaXa
O Concello de Vilalba quere poñer en valor o traballo do Centro Ocupacional para acadar a inclusión dos seus usuarios e usuarias.
5 Ago 2023
O Concello de Vilalba quere poñer en valor o traballo do Centro Ocupacional para acadar a inclusión dos seus usuarios e usuarias.
A alcaldesa, Elba Veleiro, xunto ás concelleiras de Servizos Sociais, Marta Rouco, e Ensino, Paula Vigo, visitaron o centro para desexarlles unhas boas vacacións aos usuarios.
“O centro fai un gran traballo inclusivo e pola igualdade coas diferentes seccións de carpintería, xerigrafía ou xardinería, que realizan encargos de institucións e entidades de todo tipo”, explica Elba Veleiro.
O centro combina estas accións con outras actividades físicas e lúdicas. De feito, hai usuarios e usuarias que forman parte da Escola Municipal de Teatro ou do equipo Genuine do Rácing.