O Concello de Vilalba destina 31.050 euros a asociacións culturais

O Concello de Vilalba aprobou unha partida de 31.050 euros destinada a apoiar a actividade de diversas asociacións culturais do municipio. As axudas concederanse este ano mediante a fórmula de subvención nominativa.
A concelleira de Cultura, Mónica González, e o tenente de alcalde, Modesto Renda, mantiveron recentemente unha reunión cos representantes das entidades beneficiarias para informarlles sobre esta subvención.
Entre os colectivos que recibirán financiamento atópanse a Asociación Cultural en Movemento, que contará cunha axuda de 6.000 euros, e o Instituto de Estudos Chairegos, con 5.500 euros. Tamén se beneficiarán a Asociación Coral Luar e a Coral Polifónica Vilalbesa, ambas con 3.400 euros, así como Esmuvi, a Asociación Cultural Mestura de Nete, a Liga Santaballesa, a Asociación Cultural de Árbol e o colectivo Mulleres de Insua, que recibirán 2.550 euros cada unha.