O Concello de Vilalba escolle aos grupos que actuarán na Mostra Teatronoite
O Concello de Vilalba fixo público o fallo do xurado da Mostra TEATRONOITE organizado pola Concellería de Cultura para grupos de teatro afeccionado, que presentaron as súas obras en lingua galega.
A selección das obras realizouse por unha comisión formada por o director da Escola Municipal de Teatro de Vilalba, Guillermo Álvarez Cancelo, e os representantes da Concellería de Cultura Vilalba, Consuelo Grandío Pardo, e a técnico de cultura Sonia García, actuando esta como secretaria.
As compañías de teatro seleccionadas foron as seguintes:
The-Sastre Teatro de Barbadás (Ourense), coa obra Cosa Nostra que representará o 7 de xullo.
Andaravía Teatro (A.C. Papaventos) de Vedra (A Coruña), coa obra Maniféstate!!, que se representará o 21 de xullo.
Sen Cancelas Teatro de Santa Comba (A Coruña) coa obra A Corda que se representará o sábado 28 de xullo.
Todas as obras terán lugar na praza da Constitución e serán representadas no Templete, agás no caso de choiva que pasarán ao Auditorio Municipal Carmen Estévez. As representacións comezarán ás 23:00h.