O Concello de Vilalba escolleu aos gañadores do concurso de postais de Nadal

TerraChaXa
O Concello de Vilalba fixo público o resultado do concurso de postais de Nadal.
postais de nadal ganadoras
11 Dec 2023

O Concello de Vilalba fixo público o resultado do concurso de postais de Nadal.

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a concelleira de Educación, Paula Vigo, agradeceron “a participación e a calidade das postais presentadas ao concurso, así como a implicación do conxunto da comunidade educativa”.

Na categoría I o primeiro premio foi para Mía Freire Yáñez, seguida de Pepa Gómez López e Vega Ramudo Fuentes, as tres alumnas da Escola Educación Infantil.

Na Categoría II, gañou Xoel Seijas Méndez, do CEIP Monseivane, seguido de Nerea Campello Campello e Adriana Ramudo Fuentes, ámbalas dúas do CEIP Insua Bermúdez.

Na categoría III o primeiro premio foi para Uxía Rouco Otero, do CEIP Mato Vizoso. O segundo premio correspondeu a Alba Duarte Arias, do Terra Chá de Román e Naim Carracedo Fraga, tamén do Mato Vizoso, fíxose co último galardón.

A entrega de premios será o xoves 14 de decembro ás 17.00 horas na Casa da Cultura.

0.17462992668152