O Concello de Vilalba estuda ampliar a captación de auga para dar servizo ao polígono
O concello de Vilalba está a estudar distintas opciones para poder ampliar o nivel de captación da auga da traída municipal para poder garantir o servizo ao polígono industrial e tamén ao resto de usuarios particulares. Así o indicou o alcalde do Concello, Agustín Baamonde quen indicou que xa se fixeron as solicitudes ante a Confederación Hidrogáfica do Miño-Sil para poder chegar aos 52 litros por segundo, o que vén sendo uns 4.500 metros cúbicos de auga.
Baamonde indicou que actualmente non existe ningún problema de abastecemento, “nen o houbo tampouco durante a seca do ano pasado”, pero esta medida tómase co obxectivo de protexerse ante unha ampliación do polígono. Para a o alcalde, a ampliación de Entrepinares, que continuará crecendo de forma inmediata, é unha boa nova para a economía do Concello “pero tamén conleva unhas obligacións pola nosa parte para poder darlle un servizo de auga segundo as súas necesidades, que están aumentando”.
Actualmente, a poboación de Vilalba consume unha media de 2.000 metros cúbicos diarios e en momentos puntuais chega aos 2.500 “polo que antes de chegar a un límite tan axustado queremos tomar medidas. Ademais de Besnier e Entrepinares, estamos ampliando o polígono e a demanda de auga subirá, polo que temos que estar prevenidos”, explica Baamonde.
Actualmente, a presa de San Simón é a encargada de cubrir as demandas de auga e, cando esta non chega, bombéase dende As Cañotas. Pero aínda así non chegaría polo que estudan entre outras posibilidades, aumentar a capacidade do embalse ou facer otro novo, “o que sería moi difícil de asumir economicamente”, explica o alcalde. Unha terceira opción sería ter unha nova captación dende o río Trimaz.
Os estudos están en marcha pero as necesidades do concello de Vilalba pasan por ter lista a nova captación de auga nun prazo de cinco anos.