O Concello de Vilalba fallou o III Concurso de Escaparates de Nadal

TerraChaXa
O Concello de Vilalba entregou esta tarde, na Casa da Cultura, os premios do III Concurso de Escaparates de Nadal en Vilalba.
concurso escaparates vilalba nadal4
11 Xan 2022

O Concello de Vilalba entregou esta tarde, na Casa da Cultura, os premios do III Concurso de Escaparates de Nadal en Vilalba. O certame, organizado pola concellería Comercio, buscaba promover e dar visibilidade aos negocios da localidade creando un ambiente propio das Festas do Nadal.

En total, 39 establecementos participaron neste concurso. Nesta terceira edición do certame, o mellor escaparate segundo o xurado foi o presentado por “Pinturas A. Rouco”, premiado con 600 euros. 

O segundo premio recaeu en Carlín, local premiado con 400 euros. Por último, o establecemento A Chave dos Soños foi, baixo a decisión do xurado, o terceiro mellor escaparate, con 200 euros de premio. 

Doutra banda, o local As Nubes foi o escaparate máis votado pola cidadanía nas redes sociais, recibindo un premio de 100 euros. 

“A ampla participación demostra a consolidación dun certame que embelece a nosa vila e fomenta as compras no comercio local durante o Nadal”, subliña Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba e presidenta do xurado deste certame. 

O xurado estivo formado por Mª Sonia García, técnica de Cultura; Marta López, secretaria xeral da Federación de Comercio de Lugo; Ángel Ramil. Secretario do Consello Regulador da D.O. Queixo de San Simón; Mª del Socorro, directora do IES Basanta Silva; Juan Couso, representante de Santa Compaña Produccións; e Gloria López Santomé, deseñadora de Inditex. 

A valoración dos escaparates baseouse na orixinalidade e a complexidade, a artesanía, a creatividade, o deseño e a calidade, o atractivo comercial e a decoración acorde ao produto de venda.

0.13333892822266