O Concello de Vilalba fará un seguimento aos maiores con necesidades

TerraChaXa
O Concello de Vilalba quere mellorar a atención que reciben as persoas maiores empadroadas no municipio, un colectivo vulnerable e cada vez máis amplio polo proceso de envellecemento do conxunto da sociedade.
2 Ago 2020

O Concello de Vilalba quere mellorar a atención que reciben as persoas maiores empadroadas no municipio, un colectivo vulnerable e cada vez máis amplio polo proceso de envellecemento do conxunto da sociedade.

Desde hai uns días, o concello comezou a enviar unha carta ás seiscentas persoas de máis de 70 anos que viven soas en Vilalba, co obxectivo de facerlles un seguimento e explicarlles a onde poden dirixirse ante calquera necesidade.

Unha vez rematada esta primeira fase do novo programa de atención aos maiores, o concello remitirá tamén a mesma comunicación aos fogares nos que vivan dúas persoas de máis de 70 anos.

“Desde o departamento de Servizos Sociais queremos ter este censo da poboación de máis de 70 anos e estar moi preto destes veciños e veciñas, explicándolles entre outras cousas as axudas ou prestacións en materia de dependencia ou teleasistencia ás que poden acceder”, explica Marta Rouco, concelleira de Servizos Sociais de Vilalba.

“O noso obxectivo é básicamente que sepan a onde dirixirse se teñen algún problema, alguna necesidadade ou urxencia na súa vida diaria, facilitarlles as cousas desde o concello e facerlles un seguimento especial”, engade Rouco.

O colectivo de persoas maiores é cada vez maior e ten ademais que ter un especial coidado polo coronavirus, polo que no concello entenden que é o mellor momento para iniciar este seguimento e poñerse á súa disposición.

0.19556903839111