O Concello de Vilalba fará un sorteo público para escoller aos participantes de tres escolas deportivas
O Concello de Vilaba informa que hoxe realizarase o sorteo das prazas para as Escolas Deportivas Municipais nas que as preinscricións superaron as vacantes ofertadas.
Concretamente, realizarase o sorteo nas seguintes actividades: ioga quenda 1, ioga quenda 2 e pilates quenda 1. O sorteo público realizarase ás 10.00 no segundo andar da oficina de deportes.
Ademais, anúnciase que foron admitidas e obtiveron praza todas as persoas que solicitaron algunha das restantes escolas deportivas.
A oferta de Escolas Deportivas do Concello de Vilalba inclúe actividades dirixidas á rapazada, así como a actividade de ximnasia de mantemento dirixida a persoas adultas. Entre os deportes ofertados inclúense rugby, fútbol, judo, tenis, patinaxe e baile, entre outros.