O Concello de Vilalba felicita a Jesús Pernas polo seu 103 aniversario en Goiriz

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e o concelleiro Luis Fernández desprazáronse ata a parroquia de Goiriz para felicitar en persoa ao veciño Jesús Pernas, que celebrou nada menos que 103 anos.
A visita estivo marcada pola emoción e pola alegría de compartir un momento tan especial cun home que, aos seus máis de cen anos, segue a irradiar vitalidade e a desfrutar dunha das súas grandes paixóns: o baile.
“Foi un verdadeiro pracer compartir este intre con Jesús e coa súa fermosa familia”, sinalou a alcaldesa, quen destacou o exemplo de vida e enerxía positiva que transmite o homenaxeado.
Desde o Concello de Vilalba trasladáronse os parabéns máis agarimosos a Jesús, desexándolle moitos máis aniversarios cheos de saúde, ledicia e bos momentos en compañía dos seus seres queridos.