O Concello de Vilalba habilita unha liña telefónica para incidencias na recollida de residuos

O Concello de Vilalba pon en marcha un novo servizo de contacto para atender incidencias relacionadas coa recollida de residuos sólidos urbanos e a limpeza viaria. A veciñanza poderá chamar ou enviar mensaxes por WhatsApp ao número 671 606 099 para comunicar problemas no servizo ou solicitar a retirada de enseres voluminosos no caso de non dispoñer de vehículo para levalos ao punto limpo.
Ademais, as incidencias tamén se poden notificar a través da aplicación Línea Verde, permitindo unha comunicación máis directa e áxil co Concello e coa empresa encargada da xestión dos residuos. Con esta medida, preténdese mellorar a eficiencia do servizo e facilitar a participación cidadá na conservación da limpeza do municipio.