O Concello de Vilalba incorpora mobiliario urbano con plástico reciclado
O Concello de Vilalba dá un novo paso na súa aposta pola sostenibilidade coa instalación de novo mobiliario urbano para o descanso dos veciños feito con material reciclado.
En concreto, instaláronse xa oito bancos na avenida Terra Chá realizados con plástico reciclado de alta calidade, 100% reciclables e ademais non necesitan mantemento.
Nas próximas datas colocaranse máis bancos e cadeiras realizados con este material, todos eles co certificado alemán Blauer Engel para produtos e servizos respectuosos co medio ambiente.
“Dámoslle unha utilidade a un residuo como o plástico con bancos de moita calidade para o descanso e o lecer dos nosos veciños, apostando pola economía circular e o respecto medioambiental”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.