O Concello de Vilalba intervén para retirar a neve acumulada en varios camiños

TerraChaXa
Os operarios municipais centraron os esforzos nas vías máis afectadas, asegurando o acceso ás vivendas e a circulación básica na zona
neve-vilalba
23 Dec 2025

A Brigada de Obras do Concello de Vilalba levou a cabo durante a xornada de onte distintos traballos de limpeza e mantemento para retirar a neve acumulada en varias pistas da zona do Regueiriño e de Balsa Pequena, co obxectivo de garantir a seguridade viaria e facilitar a mobilidade da veciñanza.

As actuacións realizáronse como resposta ás condicións meteorolóxicas adversas rexistradas, que provocaron a acumulación de neve nalgúns puntos do termo municipal, dificultando o tránsito de vehículos e peóns. Os operarios municipais centraron os esforzos nas vías máis afectadas, asegurando o acceso ás vivendas e a circulación básica na zona.

Dende o Concello de Vilalba lémbrase á cidadanía a importancia de extremar a precaución nos desprazamentos, especialmente nas áreas rurais e nas vías secundarias, onde as condicións poden cambiar rapidamente. Así mesmo, agradécese a colaboración e comprensión da veciñanza mentres continúan os labores de seguimento e actuación ante posibles novas incidencias derivadas do tempo.

⚙ Configurar cookies
0.10523509979248