O Concello de Vilalba lembra a necesidade de limpar os solares antes do 30 de xuño

TerraChaXa
En caso de non efectuarse dito acondicionamento, o Concello aplicará o réxime sancionador
finca-solares-limpeza-herba
Cartel
17 Xuño 2024

O Concello vén de publicar un bando municipal para recordar á veciñanza a necesidade da limpeza e mantemento dos solares localizados na zona urbana do municipio.

Ante a chegada da tempada estival, e debido ao rápido crecemento da vexetación, a corporación municipal recorda o deber de todos os propietarios a proceder á limpeza urxente das parcelas, adoptando cantas medidas se estimen necesarias para evitar o risco de incendios.

A limpeza dos solares deberá facerse dende os límites da beirarrúa para que a vexetación non impida o paso libre e seguro de peóns e terá que efectuarse antes do 30 de xuño de 2024.

En caso de non efectuarse dito acondicionamento, o Concello aplicará o réxime sancionador de incumprimento de ditos deberes, tal e como establece a Ordenanza Municipal de Protección de Medio Ambiente Urbano.

Ademais, poderanse efectuar de forma subsidiaria e a costa dos propietarios as operacións de limpeza pertinentes, sen prexuízo das sancións que foran procedentes.

0.17734003067017