O Concello de Vilalba lembra á veciñanza a obrigatoriedade de limpar os solares urbanos antes do 30 de xuño

TerraChaXa
O goberno local destaca a importancia de previr riscos de incendio e garantir a seguridade viaria
maleza monterroso
24 Apr 2025

O Concello de Vilalba vén de emitir un bando municipal no que lembra á cidadanía a necesidade de manter limpos e coidados os solares situados na zona urbana, especialmente ante a chegada do verán e o acelerado crecemento da vexetación.

O goberno local destaca a importancia de previr riscos de incendio e garantir a seguridade viaria, polo que fai un chamamento urxente aos propietarios de parcelas para que procedan á súa limpeza canto antes.

A intervención deberá realizarse desde os límites da beirarrúa, asegurando que a vexetación non invada nin dificulte o paso libre e seguro dos peóns, e terase que efectuar antes do 30 de xuño de 2025.

O bando tamén advirte de que, en caso de incumprimento, o Concello aplicará o correspondente réxime sancionador, segundo o establecido na Ordenanza Municipal de Protección do Medio Ambiente Urbano.

Ademais, poderase proceder á limpeza de forma subsidiaria, sendo os custos das operacións repercutidos aos propietarios responsables, sen prexuízo das sancións que poidan corresponder.

O Concello apela á colaboración veciñal para manter Vilalba limpa, segura e coidada durante todo o ano.

⚙ Configurar cookies
0.16212511062622