O Concello de Vilalba lembra aos veciños que manteñan limpas solares e leiras
O Concello de Vilalba lembra aos propietarios de fincas e solares urbanos a necesidade de mantelos limpos, pechados e en boas condicións.
Tanto a ordenanza municipal como as leis de Montes e Incendios da Xunta de Galicia especifican a importancia de manter a hixiene, seguridade e salubridade nas fincas particulares.
O concello enviará aos propietarios unha notificación para que limpen as fincas nun prazo máximo de 15 días e, no caso de non poder realizar estas tarefas nese periodo, solicita que por favor se poñan en contacto co concello para buscar unha solución.
O concello fai un chamamento á veciñanza “para cumprir coa normativa, contribuíndo entre todos a ter un municipio limpio, ordenado e seguro, evitando ademais o risco de incendios”.
Tanto a Policía Local como os técnicos municipais de Urbanismo axudarán no seguimento das tarefas de limpeza e peche das fincas, algunhas delas en pleno Camiño de Santiago, e haberá expedientes sancionadores para os que non cumpran, sobre todo os reincidentes.