O Concello de Vilalba licita as obras para mellorar a vía de Goiriz á estrada de Meira
TerraChaXa
O Concello de Vilalba ten previsto licitan as obras de mellora na vía municipal que vai desde Goiriz á estrada de Meira, a LU-120, nun tramo de algo máis dun quilómetro que tamén atravesa parte da parroquia de Rioaveso.
7 Xul 2020
O Concello de Vilalba ten previsto licitan as obras de mellora na vía municipal que vai desde Goiriz á estrada de Meira, a LU-120, nun tramo de algo máis dun quilómetro que tamén atravesa parte da parroquia de Rioaveso. O orzamento previsto para esta obra é de 48.381 euros, obra que se engloba dentro do orzamento xeral do Plan Único da Deputación.
As obras consistirán no acondicionamento da vía, a pavimentación e a renovación da sinalización, cun prazo de execución dun mes.
Trátase dun vial que soporta unha importante densidade de tráfico, xa que a maiores da veciñanza, é zona de paso de transportes destinados á explotación madeireira.