O Concello de Vilalba mellora os accesos aos barrios de Bustelo e Fontedor
TerraChaXa
O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda informou da mellora e renovación de dous viais en Gondaísque.
22 Ago 2023
O Vicealcalde e responsable de Infraestruturas Rurais Modesto Renda informou da mellora e renovación de dous viais en Gondaísque.
Os traballos realizáronse nas vías municipais que dan acceso aos barrios de Fontedor e Bustelo e o obxecto dos mesmos foi a limpeza de noiros e tubaxes; o recargo e nivelación das capas base e a pavimentación con dobre e triple rego asfáltico.
Renda, que contrastou coa veciñanza da parroquia a actuación, lembrou a necesidade de lle dar total prioridade á necesaria conservación, mantemento e mellora da rede viaria municipal e dar cumprida resposta á principal demanda dos veciños/as do rural vilalbés.