O Concello de Vilalba mellora unha nova vía na parroquia de Sancovade
TerraChaXa
O Concello de Vilalba iniciou as obras de renovación e mellora dunha nova vía no rural, desta volta na parroquia de Sancovade.
6 Feb 2024
O Concello de Vilalba iniciou as obras de renovación e mellora dunha nova vía no rural, desta volta na parroquia de Sancovade. Así o anunciou o tenente de alcalde, Modesto Renda, despois de contrastar coa veciñanza o resultado da actuación.
Concretamente, trátase do acceso ao barrio da Chafarica dende a LU-120 e os traballos tiveron un custe de 5.796 euros procedentes na súa totalidade de fondos propios municipais.
Esta obra é a segunda que se realiza na parroquia dende o inicio da lexislatura e nas vindeiras datas seguiralle unha terceira, co fin darlle un acceso directo á Frouxeira co barrio veciño de Paxán. Trátaser dunha actuación reivindicada polos veciños desta parroquia dende hai máis de 20 anos.