O Concello de Vilalba mellorará a escola infantil con fondos Feder

TerraChaXa
O Concello de Vilalba utilizará unha subvención de 21.
4 Dec 2018

O Concello de Vilalba utilizará unha subvención de 21.262,07 euros para a instalación de pavimento no parque exterior da escola infantil, equipamento do centro e compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

Está axuda deriva da Orde do 27 de xuño de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para investimento na mellora das infraestruturas e do equipamento das escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais, e se convocan para o ano 2018 (cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020).

0.19447088241577