O Concello de Vilalba merca un novo tractor con desbrozadora
O Concello de Vilalba recibiu un novo vehículo para o parque móbil municipal, neste caso un tractor 4x4 con desbrozadora de brazo articulado.
O tractor, adquirido con fondos propios do remanente de tesourería, realizará diferentes tarefas de limpeza e acondicionamento de viais e camiños no rural de Vilalba, dando resposta ademais ás demandas veciñais.
O concello ten unha gran extensión, con numerosos camiños, pistas e estradas que comunican o territorio, sendo un dos municipios con maior dimensión xeográfica de España.
O novo tractor, valorado en 106.480 euros, servirá ademais para renovar o parque móbil do concello. É un vehículo cun brazo articulado de gran alcance, o que permitirá a limpeza e eliminación de residuos en zonas onde os traballos manuais son difíciles de levar a cabo.
O grupo de goberno de Vilalba dará continuidade co novo tractor ao plan de desbroce e limpeza de camiños en todo o término municipal, coa finalidade de acondicionar os espazos de paso no rural.