O Concello de Vilalba organiza actividades para o verán
Como alernativa ao pecha da piscina de verán, o goberno local desenvolveu un programa de actividades alternativas para os meses de xullo e agosto. Este programa, que leva por título Verán Activo, ten aberto ata o día 8 o prazo de inscricións para comezar xa o día 6 coas actividades, que se prolongarán ata o 17 do próximo mes.
Trátase de actividades gratuítas, que se desenvolverán na área recreativa da Madalena.
As actividades están divididas en dous tipos, as de ocio, que se desenvolverán os sábados 6, 13, 20 e 27 de xullo e 3, 10 e 17 de agosto. Consistirán en karts a pedais, camas elástricas, xogode de aguta, hinchables e xogos populares. Para estas non é precisa a inscrición previa.
Por outra banda, haberá actividades deportivas que si están limitadas en número de prazas polo que a admisición será por orde de inscrición. Haberá patinaxe para nenos de 4 a 12 anos e taichi e ioga para maiores de 16 anos. Estas actividades serán os martes e xoves de 18.00 a 20.00 horas con 15 prazas por cada quenda.
Ademais, haberá kayak polo para maiores de 8 anos os xoves de 16.30 a 18.30 horas con dez persoas por quenda.