O Concello de Vilalba organiza un concurso de Samaín para todas as idades

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Vilalba organiza para o día 31 de outubro un concurso de Samaín no que poderán participar nenos e maiores e que consistirá na creación dunha cabaza.
Depósito de auga potable en Fonmiñá (A Pastoriza).
26 Out 2020

O Concello de Vilalba organiza para o día 31 de outubro un concurso de Samaín no que poderán participar nenos e maiores e que consistirá na creación dunha cabaza.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de outubro, a través da sede electrónica do concello https://vilalba.sedelectronica.es/ ou ben presencialmente por rexistro, en horario de 9:00h a 14:00h, cubrindo a folla de inscrición.

Poderase entregar unha única cabaza por participante, o propio día 31 de outubro de 2020 na praza da Constitución, en horario de 11h a 12h. A cada cabaza asignaraselle un número no momento da súa recepción.

Todas as cabazas estarán expostas durante o sábado, día 31 de outubro de 2020 na praza da Constitución, de 12:00h a 18:00h ininterrompidamente.

Haberá premios para as dúas categorías. Entre os pequenos repartiranse vales de 75, 50 e 25 euros para gastar no comercio local aos tres mellores traballos presentados, o mesmo que na categoría de adultos.

Ademais, na categoría infantil, cada participante que non resulte premiado recibirá un pequeno agasallo e diploma de participación, que se entregarán ao finalizar o concurso.

0.078333139419556