O Concello de Vilalba organiza un obradoiro infantil de Samaín o mércores
TerraChaXa
O Concello de Vilalba informa da celebración dunha actividade infantil o próximo mércores 26 de outubro, con motivo do Samaín.
21 Oct 2022
O Concello de Vilalba informa da celebración dunha actividade infantil o próximo mércores 26 de outubro, con motivo do Samaín. A cita inclúe o contacontos coa bruxa Catuxa Indo para o Samaín e un obradoiro posterior Fantasvasos de Samaín.
A proposta diríxese a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade. O evento celebrarase de 17:00 a 19:00 na Biblioteca Municipal de Vilalba.
A actividade é gratuíta, pero cómpre tramitar a inscrición na propia biblioteca, no e-mail vilalba.rbgalicia@eidolocal.es, no teléfono 982512232 ou por WhatsApp no teléfono 626399329.