O Concello de Vilalba pavimentará varias vías na parroquia de Árbol

TerraChaXa
O Concello de Vilalba acometerá varias obras na parroquia de Árbol para pavimentar máis de cinco quilómetros de viais.
pavimentacion caminos arbol
15 Xul 2022

O Concello de Vilalba acometerá varias obras na parroquia de Árbol para pavimentar máis de cinco quilómetros de viais de titularidade municipal e realizar reformas de mellora na escola da zona.

Serán un total de seis camiños de acceso a Moscarán; O Couto; Espiñarido; O Barreiro; A Grandavella, e O Fondal. O orzamento conxunto é de 95.000 euros e o grupo de goberno levará estas obras ao próximo pleno para facelas con cargo ao remanente municipal.

O continuo uso ao que se ven sometidos estes viais, así como as condicións meteorolóxicas e o paso do tempo provocan que os noiros das estradas se saturen de terra vexetal; isto causa que as augas pluviais non se evacúen da plataforma dos camiños, xerando danos sobre a capa de rodadura que se incrementan polo desgaste sufrido a consecuencia do paso de vehículos.

E por este motivo polo cal resultan necesarias as actuacións previstas sobre cada vial de limpeza de noiros e tubaxes de todo tipo; mellora do drenaxe mediante a colocación de tubaxes adicionais; recargo e nivelación das capas base, mediante zahorra, macadam ou gravillón donde sexa preciso; pavimentación mediante dobre ou triple rego asfáltico en toda a superficie, e sinalización vertical das interseccións.

“Damos resposta ás demandas veciñais e continuamos renovando os servizos e infraestruturas municipais, neste caso pavimentando viais importantes na parroquia de Árbol para mellorar o tráfico e a seguridade viaria”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas do Concello de Vilalba.

O concello anunciará nas próximas datas máis actuacións nas parroquias de Vilalba.

0.12674117088318