O Concello de Vilalba pon á venda seis parcelas para a ampliación do polígono

TerraChaXa
O Concello de Vilalba pon á venda as seis parcelas que son de titularidade municipal para a ampliación do polígono de Entrepinares.
queixeria entrepinares feijoo vilalba
22 Apr 2023

O Concello de Vilalba pon á venda as seis parcelas que son de titularidade municipal correspondentes á ampliación do polígono empresarial de Entrepinares.

As seis parcelas suman en conxunto 5.600 metros cadrados e a fórmula elixida para a venda das mesmas é a subasta. A máis grande é de 1.052 metros cadrados e as dúas máis pequenas de 860,80 metros cadrados.

A venda se aprobará este luns, día 24 de abril, en xunta de goberno e as ofertas deberán presentarse dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Perfil do Contratante do Concello de Vilalba. O prezo mínimo de partida é de 48,80 euros o metro cadrado máis IVE.

O adxudicatario está obrigado a formalizar a escritura pública de compravenda no prazo máximo dun mes a partir da sinatura do contrato de sinal.

Cando se lle adxudique a parcela deberá abonar o 25% do prezo, e no acto de formalización da escritura de compravenda procederá ao pago do 75% restante.

O adquirinte obrígase a edificar, e a ter implantada a actividade especificada na memoria que figura na correspondente documentación administrativa, con todos os permisos e licenzas correspondentes, no prazo de tres anos.

Ademais, o adxudicatario estará obrigado ao mantemento en funcionamento da actividade posta en marcha durante un prazo mínimo de dez anos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.21813702583313