O Concello de Vilalba prepárase para contratar obras por valor de medio millón de euros

TerraChaXa
O Concello de Vilalba acometerá nas próximas datas seis actuacións no casco urbano e nas parroquias do municipio para mellorar a vida diaria dos veciños e veciñas.
25 Xul 2020

O Concello de Vilalba acometerá nas próximas datas seis actuacións no casco urbano e nas parroquias do municipio para mellorar a vida diaria dos veciños e veciñas.

As obras, cun investimento conxunto de 519.000 euros, irán a próxima semana á comisión de urbanismo e o pleno municipal, co obxectivo de que saian a licitación de forma inminente.

O concello fará dúas obras no casco urbano valoradas en 261.000 euros. Por un lado, a humanización da zona das Pedreiras (167.000 euros), e por outra parte unha actuación para o cambio de beirarrúas, abastecemento de auga e novo cableado na rúa Xosé María Chao Ledo (94.000 euros).

No rural de Vilaba, o concello rexenerará dúas pistas nas parroquias de Codesido e Árbol (89.000 euros); fará melloras en varios accesos nas parroquias de Codesido e Santaballa (30.000 euros); pavimentación do vial que une Goiriz coa N-120 (48.000 euros), e o aglomerado da pista que vai de Sancovade a Oleiros (94.000 euros).

“Por culpa da pandemia de coronavirus tivemos que parar moitos proxectos en todo o municipio, pero a próxima semana levaremos ao pleno estas seis actuacións e pronto haberá novas obras para dar resposta ás demandas veciñais”, afirma.
Nas últimas semanas remataron tamén as obras de renovación do alumeado público en Buxibán e Cotoriña, con tecnoloxía LED para mellorar a calidade da luz e reducir a contaminación.

0.20131611824036