O Concello de Vilalba presenta a súa proposta para a zona do parque acuático

TerraChaXa
A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o  concelleiro de Economía, Facenda, Urbanismo e Infraestruturas, Luis Fernández, presentaron o proxecto de remodelación da zona que ocupa agora mesmo o parque acuático, que non abriu as súas portas este verán polo mal estado no que se atopaban as instalacións.
Captura de pantalla 2020 02 07 a las 17.48.56
7 Feb 2020

A alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e o  concelleiro de Economía, Facenda, Urbanismo e Infraestruturas, Luis Fernández, presentaron o proxecto de remodelación da zona que ocupa agora mesmo o parque acuático, que non abriu as súas portas este verán polo mal estado no que se atopaban as instalacións.

A proposta que presentaron en Vilalba rompe coas instalacións existente e ofrece outra alternativa que se fundamenta na construción de tres piscinas con vasos de diferente profundidade.

Trátase dunha proposta coa que pretenden que "este espazo poda ser utilizado por un abano máis grande de xente e que se produza un bo entendemento entre a arquitectura e o lugar", subliñaron dende a organización.

Deste xeito, desapacen os xogos existentes "que teñen difícil cabida en espazos  naturais deste tipo", explican, para ofrecer un concepto lúdico onde a interacción coa auga sexa a través de xogos vinculados ao uso dos vasos, a chorros e ás zonas de praia.

A proposta xérase dende a sección topográfico do emprazamento coa creación dun plano que conteña o programa de vasos e elementos lúdicos e sexa accesible dende a mesma ladeira, ao mesmo tempo que xenere un plano onde se sitúen os vestiarios, aseos, espazo de servizos, almacenaxe, etc.

A intención é que esta peza non obstaculice as vistas nin xere un elemento disonante coa paisaxe. Entre o plinto das piscinas e a zona de servizo darase acceso ao parque acuático. A súa proxección evita tamén os elementos de peche habituais que interrumpen a integración no lugar. Ademais, o edificio lonxitudinal de servizos tamén actúa como límite natural do proxecto na parte máis elevada impedindo o acceso pero non as vistas.

Na zona recreativa construiranse tres vasos de agua, o máis profundo de 1,6 metros de fondo, outro de 1,10 e un de 0,60 orientado ao público máis infantil. Complementaranse estos cun filtro perimetral de tipo pediluvio e unha zona de chorros de auga ao lado do vaso infantil. A zona arbolada utilizarase como límite natural do proxecto e área de descanso con zonas de sol e sombra como lugar de solarium.

A nova contrución ocuparía un total de 1.750 metros cadrados e as piscinas sumarían en total 355 metros cadrados.

A intención é executar esta obra en dúas anualidades. Na primeira faríase a demolición das instalacións actuais e na segunda faríase a nova obra.

vilalba piscina
0.26080799102783