O Concello de Vilalba presenta o obradoiro de danza 'Alleo', do Colectivo Glovo, para este domingo

TerraChaXa
Desenvolverase en tres funcións repartidas por diferentes espazos do centro urbano
sesion-de-danza-alleo-vilalba
31 Jul 2025

As concelleiras Mónica González e María Xosé Fernández, xunto co vicealcalde Modesto Renda Santiso, presentaron unha nova proposta cultural que terá lugar este domingo en Vilalba. Trátase do obradoiro de danza Alleo, que estará a cargo do Colectivo Glovo.

A actividade, de carácter gratuíto e aberta á participación de toda a veciñanza, desenvolverase en tres funcións repartidas por diferentes espazos do centro urbano.

A programación inclúe unha primeira función ás 13:15 horas na Praza de Santa María, unha segunda ás 14:15 horas na Alameda e, xa pola tarde, unha última representación ás 18:00 horas no Centro Cultural dentro da xornada do domingo de baile.

⚙ Configurar cookies
0.19814109802246