O Concello de Vilalba presenta un plan para a praza da Constitución
O Concello de Vilalba creará un novo espazo de lecer biosaudable e con xogos infantís na praza da Constitución.
O Concello de Vilalba anuncia as obras para a creación dun novo espazo de xogos infantís e biosaudables para humanizar os parterres existentes na parte oeste da praza da Constitución.
Esta actuación completará o parque infantil existente na praza, recentemente reformado polo goberno local. A intención do concello é a creación dun gran espazo de lecer na principal praza do municipio, con xogos infantís adaptados a todas as idades e aparatos adaptados ao coidado da saúde e da mobilidade das persoas adultas.
Para a posta en marcha deste novo espazo de lecer, proponse o acondicionamento da explanada actual, colocando un pavimento amortiguador de seguridade e un novo céspede artificial.
Doutra banda, conservaranse as árbores de maior importancia, resembrarase o céspede natural nas zonas de vexetación e plantarase un peche perimetral vexetal.
Por último, o Concello ten previsto instalar xogos infantís orientados a distintas idades que estarán colocados de forma que se respecten as áreas de seguridade e espazo libre de cada un deles. Concretamente, instalaranse unha zona de escalada, unha pista multideporte e un samborí. Ademais, colocaranse aparatos biosaudables, cuxos modelos escollidos permiten mellorar a condición física.
O Concello de Vilalba ten previsto un orzamento de 48.380 euros para este proxecto, que terá un prazo de execución de dous meses.