O Concello de Vilalba presentará un orzamento de preto de 12 millóns de euros

TerraChaXa
O equipo do Goberno de Vilalba presentará en sesión plenaria os orzamentos para a súa aprobación, que ascenden a un total de 11.
6 Mar 2019

O equipo do Goberno de Vilalba presentará en sesión plenaria os orzamentos para a súa aprobación, que ascenden a un total de 11.824.959,65 euros. A previsión municipal é facer a aprobación do orzamento no Pleno do 12 de marzo.

Trátase dun orzamento de case trescentos mils euros máis baixo que o ano pasado xa que disminúen os ingresos pola baixada da recadación como consecuencia da disminuición de impostos aprobada polo Goberno municipal, especialmente no capítulo do IBI.

Tal e como explica o alcalde, Agustín Baamonde, baixouse o tipo impositivo, do 0,50 ao 0,45 que representa unha diminución do 10% dos recibos que se pagaron no 2018 e que tamén afectarán aos recibos do ano en curso. A este descenso hai que sumar a bonificación do 90% para as viviendas situadas no rural e adscritas a un uso agrícola ou gandeiro. Inclúense tamén as bonificacións que se realizaron para as familias numerosas de ata o 95%. En total, repercute no orzamento en preto de 300.000 euros que se deixan de percibir por esas bonificacións.

Desglosado por capítulos, os maiores gastos lévaos como o ano anterior os gastos de persoal, que ascenden a 2.968.000 euros, e os gastos correntes en benes e servicios, que asecenden a 7.146.000 euros. Ademais, a transferencias correntes destinaranse 698.000 euros; a invesións reais 936.000 euros e a trasferencias de capital 75.000 euros.

Como sinala o alcalde, “grazas á característica de que este ano a débeda é cero nos permitirá a incoporación de remanentes de tesourería por importe de 600.000 euros”. Esta cantidade sumarase posteriormente para outras accións.

A este pleno levarán tamén a aprobación da modificación para a redacción do Plan Xeral, a modificación do contrato do lixo para incorporar a melllora de recollida na zona rural e o convenio coa Consellería de Medio Ambiente para a financiación da obra do Plan Urbe cosistente na renovación da rede de auga na rúa do Calvario, por un importe de 170.000 euros.

OBRAS

O Concello tamén preparou os proxectos para o Plan de Camiños, que inclúe o aglomerado de dúas pistas, en Belesar en San Covade, por importe de 135.000 euros. No Plan Único 2019 o Goberno ten previsto incluír as obras de aglomerado das pistas que van de Alba a Buriz e de Corbite a Román, que se completarán este ano, xa que o ano pasado fíxose a primeira parte da obra. Contan cunha dotación de 300.000 euros.

0.33949398994446