O Concello de Vilalba publica as bases para a adxudicación de postos da XXX Festa do Queixo San Simón da Costa

TerraChaXa
As persoas e entidades interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o vindeiro 20 de marzo
feira-do-queixo-vilalba-2
28 Feb 2026

O Concello de Vilalba vén de facer públicas as bases reguladoras para a adxudicación dos postos que formarán parte da XXX edición da Festa do Queixo San Simón da Costa, unha das citas gastronómicas e culturais máis destacadas do calendario local.

As persoas e entidades interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o vindeiro 20 de marzo. A convocatoria está dirixida a postos de promoción e venda de alimentos de elaboración propia, postos de produtos artesanais, así como a asociacións, institucións e entidades sen ánimo de lucro que desexen participar no evento.

A instancia oficial para formalizar a solicitude está dispoñible na páxina web municipal, www.vilalba.gal/novas, onde tamén se pode consultar o resto da documentación requirida. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou ben a través da sede electrónica municipal.

Para resolver calquera dúbida ou solicitar información adicional, o Concello pon á disposición das persoas interesadas o teléfono 982 510 305 e o enderezo electrónico paula.vigo@vilalba.es
.

0.14439105987549