O Concello de Vilalba quere poñer a producir terras do concello actualmente en desuso

TerraChaXa
O Concello de Vilalba traballará para poñer a producir terras do concello actualmente en desuso.
5 Feb 2019

O Concello de Vilalba traballará para poñer a producir terras do concello actualmente en desuso. Así o decidiron o conselleiro José González e o alcalde, Agustín Baamonde, nunha reunión celebrada esta semana. Ambos coinciden na necesidade de poñer en valor aquelas parcelas que estean abandonadas ou simplemente que a día de hoxe non teñan actividade produtiva. "Deste xeito, melloraría a economía dos veciños e do municipio, así como a protección contra os posibles incendios forestais", indican.

Respecto á revalorización de terras, estanse a acometer actualmente novas reestruturacións parcelarias que os veciños queren abrir no municipio, como son as de Goiriz, Lanzós, Román e San Xurxo de Rioaveso, todas elas actualmente en estudio para valorar se cumpren cos requisitos esixibles. No caso das tres primeiras xa se están elaborando os documentos ambientais e, unha vez se teñan as conclusións, estudarase a mellor forma para poñer estes terreos a producir.

En relación coas infraestruturas do concello destacou que este ano o goberno local disporá de 111.746 euros da Consellería do Medio Rural para mellorar os camiños municipais, a mesma contía que recibiu en 2018 e coa que arranxou os accesos aos núcleos de Vilapedre, Ínsua e Noite. No 2017, con este orzamento do Plan de mellora de camiños municipais acondicionou a vía de Nete a Oleiros.

0.16258692741394