O Concello de Vilalba reabre o parque Rosalía de Castro tras a súa renovación

TerraChaXa
O parque preséntase agora como un espazo máis moderno, accesible e agradable, adaptado ás necesidades das familias e pensado para favorecer o lecer ao aire libre
inauguracion-parque-rosalia
10 Mar 2026

O Concello de Vilalba reabriu ao público o parque Parque Rosalía de Castro despois dunha actuación de renovación integral destinada a modernizar e mellorar este espazo de lecer moi frecuentado polas familias da vila.

A reapertura celebrouse cunha xornada especial na que numerosos nenos, nenas e familias se achegaron ao parque para estrear as novas instalacións. O evento contou ademais cun espectáculo de maxia familiar a cargo do mago Roberto Lolo, que puxo o broche festivo á inauguración.

Coa renovación, o parque preséntase agora como un espazo máis moderno, accesible e agradable, adaptado ás necesidades das familias e pensado para favorecer o lecer ao aire libre. Desde o Concello sinalan que esta intervención responde a unha demanda da veciñanza e forma parte da aposta municipal por seguir mellorando os espazos públicos.

A actuación supón un novo paso na estratexia do goberno local para reforzar as zonas verdes e de encontro da vila, contribuíndo a facer de Vilalba un lugar máis dinámico e pensado para o desfrute en familia.

0.11796307563782