O Concello de Vilalba realizará un proxecto de actuacións no Camiño do Norte

TerraChaXa
O Concello de Vilalba presentou o seu proxecto de posta en valor do Camiño Norte ao seu paso por Vilalba, un informe que ten o obxectivo de potenciar a ruta vilalbesa a e executar en varias fases, para actuar sobre todo no traxecto.
ar2
19 Dec 2019

O Concello de Vilalba presentou o seu proxecto de posta en valor do Camiño Norte ao seu paso por Vilalba, un informe que ten o obxectivo de potenciar a ruta vilalbesa a e executar en varias fases, para actuar sobre todo no traxecto.

Desde o 96 comezou a darse pulo a todas as variables do Camiño e no 2014 foi aprobada a delimitación do Camiño Norte por Vilalba. "Trátase dunha vía de comunicación con Europa e como quixemos que iso se sentise en Vilalba, encargamos este proxecto porque sabemos que o Camiño supón un aporte económico importante a negocios da vila", explicou a alcaldesa, Elba Veleiro.

O obxectivo é crear unha guía para que os propietarios privados teñan unha orientación de como actuar nas fincas mentres se recollen tamén as distintas actuacións nas zonas públicas.

O proxecto que presentaron en Vilalba consta de distintas fases coa procura de impulsar a accesibilidade e a seguridade do peregrino así como a estética da zona. En primeiro lugar farase unha delimitación dos distintos espazos e acotación cartográfica de onde se vai actuar, a redacción e actuación da estratexia, delimitación e sinalización, para facer u nha proposta de medidas a adoptar e a guía de intervención, que se basará na redactada pola Xunta de Galicia.

A proposta abarca o percorrido que vai das inmediacións do polígono de Sete Pontes a Ponte Rodríguez e inclúense actuacións en zonas dos arredores do centro urbano e do centro da localidade.

O proxecto aspira á realización de actuacións en zonas públicas, reparando muros ou reparando a calzada, de maneira acorde coas necesidades de cada sitio. Doutra banda, prevese elaborar un documento que sirva de orientación aos particulares, perseguindo a consolidación dun modelo común.

O Concello ten en conta o auxe do Camiño Norte nos últimos anos, cun aumento de peregrinos, ata converterse nun dinamizador de localidades polas que pasa. O goberno local entende que este é, por tanto, un bo momento para potenciar a rexeneración e a promoción da ruta.

O proxecto estará ao cargo das arcas municipais pero para a súa adxudicación contarán con aportacións das outras administracións. Unha vez rematada esta primeira parte, acometerase a outra parte do tramo que completa o municipio.

rutas2
0.13443899154663