O Concello de Vilalba remata as obras de alumeado en Cotoriña
O Concello de Vilalba deu por finalizados os traballos para a mellora da eficiencia enerxética e a posta en funcionamento do novo alumeado público no núcleo de Cotoriña, na parroquia de Insua.
A actuación, cun orzamento de máis de 20.000 euros, serviu para a instalación de 15 novas luminarias con tecnoloxía LED, o que mellora a calidade da luz e reduce a contaminación.
Debido ao mal estado dos antigos puntos de luz, foi necesaria a súa renovación cun alumeado máis eficiente, que tamén se traducirá nunha disminución do gasto para as arcas municipais.
Os traballos dan ademais continuidade ao plan do Concello de Villaba para renovar de forma progresiva o alumeado público, con especial atención ás parroquias e o rural.
Hai pouco máis dun mes, rematouse tamén a renovación do alumeado público no barrio de Buxibán, Codesido, cun custo de 29.000 euros, e o concello anunciou antes do verán as mesmas actuacións nas parroquias Tardade, Gondaísque, Mourence, Distriz, Boizán e Santaballa.