O Concello de Vilalba renova a vía de acceso ao barrio de Vilargabín
TerraChaXa
Modesto Renda informaba hoxe dunha nova mellora na rede viaria, desta volta na parroquia de Insua, o acceso ao barrio de Vilargabín.
19 Xul 2023
A área de Infraestruturas Rurais do Concello de Vilalba segue a dar celeridade aos proxectos pendentes de execución. Así, o vicealcalde e responsable da mesma, Modesto Renda, informaba dunha nova mellora na rede viaria, desta volta na parroquia de Insua.
Os traballos realizáronse na vía municipal que lle da acceso ao barrio de Vilargabín e o obxecto dos mesmos foi a apertura e limpeza de noiros, a pavimentación mediante dobre rego asfáltico na superficie e a colocación de sinalización vertical.
Renda, que contrastou o antes, durante e despois da actuación, lembrou a importancia de priorizar os proxectos pendentes de execución ao tempo que se organizan novas obras e actuacións en beneficio da veciñanza das parroquias.