O Concello de Vilalba renova a vía que comunicia a rúa de Begonte co Paseo dos Condes
TerraChaXa
Trátase dunha actuación que se complementará coa tamén solicitada de peonalización do propio paseo, dende a Rúa Cuart de Poblet

4 Dec 2025
O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou que o Concello dará resposta ás demandas dos veciños da Rúa de Begonte coa rexeneración completa da vía que a comunica co Paseo dos Condes.
Trátase dunha actuación que se complementará coa tamén solicitada de peonalización do propio paseo, dende a Rúa Cuart de Poblet ata a intersección onde se fará a obra, isto é coa rúa de Begonte.