O Concello de Vilalba renovará a vía que dá acceso á Bardela en Román
O tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, presentou o terceiro dos proxectos que o Concello incluíu no Plan de mellora de camiños de titularidade municipal que financia a Agader, correspondente á anualidade 2024.
Concretamente, trátase da vía municipal que lle dá acceso ás vivendas do barrio da Bardela e ás distintas parcelas agrícolas e forestais desta zona da parroquia de Román.
Cun percorrido lonxitudinal de 1,11 km e un ancho medio de 3,20 m, trátase da única vía de comunicación pavimentado coa que conta a veciñanza da Bardela para acceder as súas vivendas e explotacións agrogandeiras, polo que a súa
densidade de tráfico é notable para o tipo de vía.
Esta nova obra de mellora foi unha das máis solicitadas na xuntanza celebrada hai uns meses por parte dos veciños da parroquia e o investimento contemplado neste xa presentado proxecto ascende aos 17.270,07 euros.