O Concello de Vilalba renovará o abastecemento no camiño Cotarón e rúa do Rego

TerraChaXa
O Concello de Vilalba xa ten listo o proxecto de renovación das instalacións de abastecemento e saneamento do camiño Cotarón.
ABASTECEMENTO RUA DO REGO E COTARON PORTADA
28 Feb 2023

O Concello de Vilalba xa ten listo o proxecto de renovación das instalacións de abastecemento e saneamento do camiño Cotarón, unhas obras que contemplan a humanización da zona e terán un orzamento de 215.000 euros.

A rúa está a 700 metros da praza do Concello. Une dúas vías, a rúa Plácido Pena ó noreste, e a rúa de Cotarón ó suroeste. A necesidade de cambialas instalacións de abastacemento e saneamento conleva realizar un proxecto de humanización que entende toda a vía como unha unidade.

A fragmentación e os diferentes usos da vía impiden actualmente o seu desfrute polos cidadáns, que conciben a mesma como un espacio de servidume para aparcar e chegar ás poucas casas unifamiliares e parcelas ás que da acceso.

“O proxecto contempla a repavimentación cunha plataforma de formigón lavado apta para o uso peonil e rodado, que dará homexeneidade a todo o conxunto para o desfrute dos vecños”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Polo tanto, o ámbito de intervención do proxecto non se limita exclusivamente ó camiño Cotarón, senón que se extende polas tres rúas polas que ten continuidade urbana: a rúa Cotarón, a rúa Plácido Peña e a rúa do Rego.

Por outra parte, para a ambientación e a seguridade proxectouse a instalación de dous tipos de luminarias. Un primeiro tipo composto por balizas na sección da vía máis estreita e con maior pendente, na que non hai edificacións ós lados.

O segundo tipo de luminarias será un conxunto de luminarias empotradas nas fachadas, creando unha iluminación mais xeral do conxunto.

ABASTECEMENTO RUA DO REGO E COTARON
0.1826229095459