O Concello de Vilalba renovará o vial municipal que une Martiñán con Carballido cun investimento de máis de 10.700 euros

TerraChaXa
A actuación incluirá tamén a mellora completa de dous accesos a vivendas e parcelas agrícolas
renda-obras-carballido
23 Dec 2025

O Concello de Vilalba vén de anunciar a próxima renovación do vial municipal que comunica Martiñán con Carballido, unha actuación enmarcada na política de mellora das infraestruturas rurais e que contará cun investimento total de 10.772 euros. A obra ten como obxectivo principal mellorar a seguridade viaria e as condicións de circulación nunha vía de uso habitual tanto para a veciñanza como para a actividade agraria da zona.

Segundo o previsto, os traballos darán comezo á altura da coñecida como “Casilla”, no cruce coa estrada nacional N-634, un punto de especial relevancia polo tránsito que soporta. Dende alí, procederase á renovación integral do firme ao longo do treito municipal, adaptándoo ás necesidades actuais e garantindo unha maior durabilidade da vía.

A actuación incluirá tamén a mellora completa de dous accesos a vivendas e parcelas agrícolas situadas no barrio de Martiñán, facilitando así o tránsito diario dos residentes e o acceso a fincas de uso produtivo. Con esta intervención, o Concello pretende dar resposta a unha demanda veciñal histórica e reforzar o mantemento da rede viaria municipal en áreas rurais.

⚙ Configurar cookies
0.078217029571533