O Concello de Vilalba retira a 27800 MAFIA do cartel de actuacións musicais contra a violencia de xénero

TerraChaXa
O Concello de Vilalba, para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, organiza, entre outros, un acto no que pretende que o colectivo de xente máis nova exprese de o seu rexeitamento contra a violencia machista a través da música.
Casa do Concello de Vilalba
21 Nov 2017

O Concello de Vilalba, para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero, organiza, entre outros, un acto no que pretende que o colectivo de xente máis nova exprese de o seu rexeitamento contra a violencia machista a través da música.

Cada un dos grupos participantes comprometeuse a elaborar un tema de rexeitamento á violencia de xénero.
O alumnado do IES Basanta Silva, supervisado polo profesorado do centro e polo persoal do CIM compuxo un tema axustado á temática do acto.

Así mesmo, contactouse co grupo 27800 MAFIA co mesmo obxectivo, comprometéndose o grupo a facer unha letra específica de condena á violencia machista e co compromiso pola súa parte de rectificar as letras de temas anteriores que tiñan un contido sexista.

Ante a posibilidade de que a traxectoria anterior deste grupo poida ser considerada non axeitada a un acto de concienciación e repulsa ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, o Concello de Vilalba, retira do cartel a actuación do devandito grupo, porque creemos que nada debe enturbar o obxectivo que pretendemos con este acto, que é sensibilizar á xuventude contra a violencia machista.

Este acto supuxo o esforzo dun grupo de xoves que traballaron con ilusión e concienciación un tema que lles preocupa, polo que consideremos inxusto que a polémica suscitada manche o seu traballo. Polo que esperamos o apoio dos veciños e veciñas de Vilalba ao traballo do resto de participantes na actuación.

0.084167003631592