O Concello de Vilalba reúnense este martes cos veciños da rúa Basanta Silva
TerraChaXa
Será na casa da cultura ás 20.30 horas para falar de mobilidade
1 Dec 2024
O tenente de alcalde e responsable de Mobilidade Modesto Renda convoca aos veciños e veciñas de Basanta Silva a unha reunión na casa da cultura.
O obxectivo da mesma é explicar e contrastar con eles e elas as posibles medidas do Concello en materia de mobilidade urbana e, sobre todo, recoller unha a unha as súas demandas e suxestións.
A reunión está convocada para a veciñanza do barrio e está fixada para este martes 3 de decembro ás 20:30h.